Xa que o 28 de marzo celebramos en Vigo a festa da reconquista, traballamos este día tan importante na aula. Fixemos uns gorros con xornais e aprendimos como é a bandeira da nosa cidade.
Este trimestre fixemos un proxecto sobre o outono. Aproveitamos todos os recursos que nos da esta fermosa estación e fixemos moitas actividades. Xa estamos listos para empezar o seguinte... ATA A PRÓXIMA!
Este mes tivemos moitas celebracións. A mamá de Fran e o papá de Raúl viñeron ao cole a contarnos uns contos que nos encantaron! Moitísimas gracias! Tamén viñeron as mamás da ANPA Sorriso a facernos un chocolate, que rico! Para finalizar o trimestre, tivemos obradoiros de nadal e fixemos o noso propio fin de ano. Vémonos no segundo trimestre! Os nenos e nenas de Educación Infantil deséxanvos un BO NADAL!!
O pasado mércores 31 de outubro celebramos o Samaín, unha festa que nos encanta! Fixemos un obradoiro de postres terroríficos, creamos un conto de medo, decoramos a porta da aula, fixemos manualidades e disfrazámonos todos xuntos. Pasámolo en grande!
Comentarios
Publicar un comentario