Este entroido tocounos temática da horta, aproveitando o proxecto de horta inclusiva no que estamos traballando. Todo o material é reciclado, feito con cartón e envases de iogur!
Rematou o segundo trimestre e con el o noso proxecto da cidade de Vigo. Cremos na importancia de coñecer a nosa contorna e que mellor que a cidade onde vivimos. A través de novas tecnoloxías, arte, mapas, cociña, bits de intelixencia e traballo en recunchos, aprendimos moitísimo. Aquí vos deixamos fotos das diferentes actividades que realizamos. TARTA DINOSETO DE QUE ESTÁ FEITO DINOSETO? ONDE VIVIMOS? *Coa aplicación de Google Earth traballamos os mapas. Situamos España, Galicia e Vigo. Tamén visitamos todas as casas dos nosos alumnos,-as. Encantoulles ver onde viven na pantalla e amosarlla aos compañeiros! TARXETAS E RECUNCHOS *Nos recunchos de mates e letras tamén traballamos a cidade de Vigo. Xa coñecemos a ponte de Rande, a farola, o Sireno e moitos outros sitios da cidade. MAPAS ARTE CON MANS E PÉS INVEST
Este trimestre fixemos un proxecto sobre o outono. Aproveitamos todos os recursos que nos da esta fermosa estación e fixemos moitas actividades. Xa estamos listos para empezar o seguinte... ATA A PRÓXIMA!
O pasado mércores 31 de outubro celebramos o Samaín, unha festa que nos encanta! Fixemos un obradoiro de postres terroríficos, creamos un conto de medo, decoramos a porta da aula, fixemos manualidades e disfrazámonos todos xuntos. Pasámolo en grande!
Comentarios
Publicar un comentario