BO NADAL!
Este mes tivemos moitas celebracións. A mamá de Fran e o papá de Raúl viñeron ao cole a contarnos uns contos que nos encantaron! Moitísimas gracias! Tamén viñeron as mamás da ANPA Sorriso a facernos un chocolate, que rico! Para finalizar o trimestre, tivemos obradoiros de nadal e fixemos o noso propio fin de ano. Vémonos no segundo trimestre! Os nenos e nenas de Educación Infantil deséxanvos un BO NADAL!!